Páxina 2 do arquivo

03
Feb
08

A ela, que se vai.

Bos dias xente, hoxe é un dia de cambios e un pouco dificil, dado que ainda que mañá e pasado teña os exenames, non poido Praia de Aveiropensar noutra cousa mais que en que a partir desta noite quedome solteiro na Coruña. Hoxe xa tiven a proba de lume tendo que durmir soiño dado que se foi para Viveiro ó entroido, e se teño que decir a verdade, non me gustou moito a sensación despois de tanto tempo durmindo e vivindo xuntos.

Non me quero poñer ñoño así que dende aquí desexarlle que lle vaia moi ben na nova singladura por terras case-portuguesas e que non se desquicie coa xente daló, que ou moito me equivoco, ou neste curro vai acabar un pouco ata o cu da xente. Obviamente, compensado cun salario acorde, ou eso espero.

Un bico e una canción.

02
Feb
08

Porto 2007

Porto 2007Hoxe deume por recordar un dos viaxes que fixen coa miña moza. Non foron moitos, de feito, só fumos (reseñablemente claro) a Madrid e a facer un mini-tour a Portugal.

O de Madrid foi a nosa primeira viaxe xuntos e compartímola cos meus compañeiros de piso Nuria e David (Loki). Pasámolo moi ben, e o mais importante foi, sen dúbida algunha, a primeira viaxe en avión; impresionante.

O mini-tour a Portugal foi a finais do ano pasado e fumos a Aveiro e a Porto básicamente. Esta foto sacámola á carón da catedral (ou eso creo que era) de Porto.

Ó que iba, que espero que se me estas lendo Natalia, ou o lees algún día dende esas terras lonxanas, que propoñas outra viaxe (obviamente a maiores da que xa temos planeada a Valencia) para perdernos un pouco de tanto mundo.

Mil bicos vida.

01
Feb
08

The Sunday Drivers

Hoxe faigo mención a un grupo que empecei a escoitar fai uns meses. Son de Toledo e teñen un toque moi Travis. Xa sei que as comparacións son odiosas, pero é que se non a xente non se anima a degustar música nova.

Aviso que non levo comisión, pero se fai tempo que non mercades ningún disco e queredes facelo, a miña recomendación ó 100% por estes homes toledanos.

Bicos mil

“Rainbow of Colours” – The Sunday Drivers.




Perfil

  • Nome: Sebas
  • Idade: 24
  • Asentado en: A Coruña
  • Almanaque

    Novembro 2009
    Lu M M X Ve Sa Do
    « Abr    
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  

    Que sona no meu iPod

  • Andy McKee - Gates of Gnomeria.
  • Athlete - Tourist.
  • Athlete - Beyond the Neighbourhood.
  • City & Colour - Sometimes-
  • Los Planetas - Tutti.
  • Radiohead - In Rainbows.
  • The Sunday Drivers - Tiny Telephone.