Como podedes observar, acabanme de avisar que o aloxamento gratuito que tiña en “1and1″ finalizará o 14 de Abril deste ano. É unha pena, e tradúcese en que como son moi tacaño, vou a volver ó wordpress gratuito sen servidor, que ainda que é mais cutre, non teño que dar un can a ninguén.
O que é mais “patada en mis culos” é que a estética desmerece moitísimo, así que de momento, imos star cunha estética chof.
Apertas a tutti.
seica te voltaches un sibarita??
está ben este sitio ho… por certo agardo ver fotos de como está quedando esa strato blanki signature.
Xa ves meu. Hai que ser sibarita que se non non chegamos a ningures e jiñan por nos.
Sobre o das fotos do traballo de pseudo-luthier, está complicado por que non teño camara de retratar e a do mobil que uso agora é moi cutre dado que o Nokia 6280 parece que morreu definitivamente.
A ver se dou conseguido unha cámara e saco unhas afotos no proceso de solo pintado sin electrónica. É mais, creo que vou a ter bastante tempo para sacalas, dado que conseguir as single coil de Fender estame sendo mais complicao do que esperaba. En todos os sitios non fan mais que ofrecerme ou unhas Wilkinson coa escusa que teñen un sonido mais metalero (ejem), ou un kit de pastillas Fender pero que achantan 250 € por elas; e paso.
Coño, xa non me acordaba do teu blog… a ver ando che vou facer unha visita xa que estamos tan preto, pero ando liadisimo. Voute enlazar como te tiña antes, porque borraronseme todolos enlaces e movidas que tiña sobre febreiro.
Saúdos
solemnness says : I absolutely agree with this !