26
Mar
08

Fuller Stratocaster

Wei, wei, wei. Como observades, deixo un pouco as estética “gayer” que tiña o blog por unha estética máis “blacker”. XDDD

O motivo é que me raiaba xa un pouco o skin que tiña antes, e ainda que este seña mais simplón e común, convenceme mais e ten pinta de menos serio. Tiña pensado facer algo mais decorado en función da estética da guitarra que estou “amañando” co curso intensivo de Luthier do Blanqui cativo, pero ó final quedouse nun macarra e estiloso estilo blacker.

Pois sobre o da guitarra, inicialmente foi una Squier Stratocaster destas de contrachapado do bon :) e da que descoñezo o color inicial. Despois tivoa unha persoa que a pintou de verde purpurina con brillos e todo e fixolle un estrago moi gordo na electrónica, sustituindo o selector de palanca típico das stratocaster por un conxunto de tres conmutadores que seleccionaban unha ou outra pastillas cos potenciómetros de tono e volumen funcionando todos como volumen de cada unha das pastillas.

Despois de todas esas desfeitas, chegou ás miñas mans e coa axuda de meu pai, endreitamos o mastil e recuperamos a posición da alma, que estaban feitas merda ata conseguir que quedase case como novo. Co corpo, botamos moito mais tempo dado que primeiro tivemos que decapar toda a pintura co que pillamos un colocón de carallo.

Unha vez limpa a madeira, tivemos o dilema de se barnizala ou pintala dalgún color. Dinlle a idea a meu pai dun color nacar, e moi gratamente, sorprendeume. Conseguiu o color exacto e co barniz parece o color exacto dunha perla. Hoxe por hoxe, estou enfrascado no proxecto de repararlle a electrónica, dado que tiña duas pastillas queimadas.

Poñerei fotos pronto ainda que agora está sen electrónica e sen apantallar. :)


0 Respostas to “Fuller Stratocaster”



  1. Aínda non hai comentarios

Deixa un comentario




Perfil

  • Nome: Sebas
  • Idade: 24
  • Asentado en: A Coruña
  • Almanaque

    Marzo 2008
    Lu M M X Ve Sa Do
    « Feb   Abr »
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  

    Que sona no meu iPod

  • Andy McKee - Gates of Gnomeria.
  • Athlete - Tourist.
  • Athlete - Beyond the Neighbourhood.
  • City & Colour - Sometimes-
  • Los Planetas - Tutti.
  • Radiohead - In Rainbows.
  • The Sunday Drivers - Tiny Telephone.