Boas noites darlings, escribo dente a tranquilidade que me otorga unha boa canción e un pouco de adobo nun cigarro mentres estou arrolado na cama; escasamente mellorable.
Pois poñome coas mans no teclado entre outras cousas para probar a actualización do blog dado que hoxe instalei a nova versión de WordPress, a 2.5, que levaba dende a 2.3 sen actualizar. Supoño que melloraría bastante en canto a seguridade ainda que coa versión que tiña antes non tiven moito problema tampouco. O mais reseñable é a interface de edición, que ainda que sorprende un pouco é moito mais amigable e faise moi comoda para escribir. Felicidades WordPress.
Por outra banda e para seguir de estreno, acabo de instalar Hardy Heron no portatil, e decir que de momento moi contento, vai rapidísimo e o único erro que me deu é en canto a actualización de synaptic dado que os repositorios están bloqueados por culpa de que os servidores están un pouco saturados. Polo resto, outro Felicidades Ubuntu. Atroz.
Mañá comentarei outras cousiñas mais, que teño algunha que outra nova.
Bicos
Sona: Alguna canción lentorra de “The Wombats“
Editado: Por certo, volvo a estar dispoñible en xandasbolas.es. Espero vervos.
e da que descoñezo o color inicial. Despois tivoa unha persoa que a pintou de verde purpurina con brillos e todo e fixolle un estrago moi gordo na electrónica, sustituindo o selector de palanca típico das stratocaster por un conxunto de tres conmutadores que seleccionaban unha ou outra pastillas cos potenciómetros de tono e volumen funcionando todos como volumen de cada unha das pastillas.
Ultimas opinións